Tipos de portabebés. Características e usos

Aproximación aos portabebés ergonómicos que podes atopar no mercado, coas súas características e peculiaridades. Á hora de decidirvos por un ou outro, teredes que ter en conta principalmente dúas variables: o tamaño-idade da vosa crianza e as necesidades básicas que esperades cubrir.